Friday 10 de May de 2024

O goberno local de Cambre lembra que o anterior goberno do PP gastou case 100.000 euros reparados por Intervención


O goberno local de Cambre lembra que a factura referente á instalación dunhas cortinas para o cuartel da Garda Civil está incluída na relación de reparos por traballos encargados polo anterior goberno local do PP sen partida orzamentaria nin xustificación de gasto

O goberno local de Cambre vese obrigado a explicar un reparo de intervención sobre unha factura referente á instalación dunhas cortinas no cuartel da Garda Civil de Cambre. Factura que foi reparada por Intervención e que non foi contratada polo actual goberno, senón polo Partido Popular, e o seu concelleiro, naquel entón, de Patrimonio e Contratación, tal e como desvela un informe emitido polos técnicos do Concello de Cambre en 2015. Devandito servizo foi aceptado e contratado polo edil popular en xaneiro de 2015. Segundo a información que aparece hoxe nos medios de comunicación ?parece ou non aclara? que foi este goberno o que contratou este servizo, polo que o executivo actual vese obrigado a especificar que foi o goberno do PP o que contratou este servizo.

O mesmo sucede coa carpa para unhas festas en agosto de 2015, que foron comprometidas polo anterior executivo coa asociación que realizou o festexo. O goberno local lembra que o 1 de agosto de 2015 levaba 15 días no goberno e non houbo ningún traspaso de poderes sobre os servizos ou prestacións comprometidas polo anterior goberno.

Lembra, ademais, que o executivo de Manuel Rivas levou a pleno facturas con reparos por valor de 91.309 euros, só en cuestións como carpas, inchables, grupos electrógenos, valos, camisetas, pirotecnia, touros mecánicos, escenarios e viaxes. Esa cantidade económica en reparos únese a outras decisións inxustificadas en materia de gasto inxustificado e irresponsable, sen ningún tipo de control, como os 240.000 euros do Festival Brincadeira que lle supuxo ao concello a perda de 160.000 euros e que estes momentos mantén en calidade de investigado ao ex alcalde e actual portavoz do grupo popular.